Obxetivos

Constitúen os fins e obxectivos da Asociación:

A defensa e promoción da denominada ASOCIACIÓN AGROGANDEIRA E DE DESENVOLVEMENTO RURAL “AGRO NOSO” en tódolos ámbitos, tanto económico como social, cunha incidencia especial na potenciación do consumo e dos mercados, propiciando un nivel competitivo das explotacións dos seus socios/as.

Estudio e resolución dos problemas comúns dos socios e socias relacionados cos sectores agrícola, gandeiro, forestal co medio rural, e a vida social do territorio que asignen os Estatutos.

A realización e promoción de actividades culturais e recreativas, nas súas diferentes formas e manifestacións que propicien unha mellor na calidade de vida dos socios e das socias.

A realización de actividades formativas e informativas dirixidas a mellorar a cualificación profesional dos socios e socias e o coñecemento dos sectores agrícola, gandeiro, forestal e medio rural en xeral.

Servir de centro de información e asesoramento integral ós seus socios/as, participando e promovendo a participación en proxectos e actividades de desenvolvemento rural.

A realización de estudios sobre o entorno e sectores relacionados co desenvolvemento rural.

Prestar servizos de aconsellamento e/ou xestión ás persoas dedicadas á agricultura, gandaría e explotacións forestais.

Cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia dos intereses comúns dos veciños.