DIVULGACIÓN DE MODELOS SOSTIBLES E
DE BAIXA INTERVENCIÓN NA XESTIÓN
FORESTAL
INTRODUCIÓN:
Benvidos ao proxecto de Divulgación de Modelos Sostibles e de Baixa Intervención na Xestión Forestal desenvolto por Agro Noso coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
En Agro Noso, comprometémonos coa promoción e difusión de prácticas sostibles na xestión forestal. A través deste proxecto, buscamos fomentar o coidado responsable dos nosos bosques e concienciar sobre a importancia de preservar estes valiosos recursos naturais para as xeracións futuras.
POBOACIÓN DE INTERESE:
Os destinatarios e beneficiarios deste proxecto son os habitantes do mundo rural, que poden beneficiarse dun proxecto encamiñado á mellora da xestión dos espazos forestais da provincia a prol dunha mellor organización paisaxística e natural a través do desenvolvemento de novas formas de xestión das parcelas forestais e de monte.
A XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE:
Para que a xestión do monte sexa sostible non só é preciso fixarse nos aproveitamentos que poidan obterse del, senón que tamén é preciso ter conta o resto de compoñentes do medio natural, respectando os valores singulares (hábitats, especies, paisaxes, procesos), favorecendo o seu desenvolvemento e fomentando a súa conservación. Por todo isto, é preciso desenvolver modelos innovadores de xestión sostible do monte encamiñados a auto sustentarse de forma propia sen grandes necesidades de intervención humana.
Obxectivos do Proxecto
Desenvolver e promocionar
novos modelos de xestión de espazos forestais en vías de abandono que permitan unha boa xestión do monte na provincia de Pontevedra.
Impulsar
medidas de fomento do uso sostible do monte
Contribuir
á redución de incendios forestais na provincia.
Impulsar novos modelos
encamiñados ao auto sustento de superficies forestais e de monte
Contido do Proxecto
ACTIVIDADES:
- Desenvolvemento de novos modelos de xestión forestal.
- Talleres Formativos.
- Vídeos Formativos.
- Píldoras Formativas.
O noso proxecto abarca diferentes módulos temáticos, cada un enfocado nun aspecto clave da xestión forestal sostible. Algúns dos temas que abordamos inclúen:
Cada módulo temático inclúe unha variedade de recursos e ferramentas, como fichas formativas, infografías, guías temáticas e vídeos explicativos. Estes materiais están deseñados para brindar información práctica e aplicable, permitindo aos interesados aprender sobre as mellores prácticas na xestión forestal sostible.
O PASTOREO FORESTAL
OS CULTIVOS INNOVADORES
A BIOMASA E A ENERXÍA
OS MODELOS DE XESTIÓN PASIVA
ACTIVIDADES:
- Desenvolvemento de novos modelos de xestión forestal.
- Talleres Formativos.
- Vídeos Formativos.
- Píldoras Formativas.
COLABORADORES E FINANCIAMIENTO:
Este proxecto é posible grazas á colaboración e o apoio da Deputación de Pontevedra. Agradecemos o seu compromiso coa preservación dos nosos bosques e a súa contribución ao desenvolvemento de prácticas sostibles na xestión forestal.
Cantidade Subvencionada: 38.000,00 €
Finalidade: Programa de Desenvolvemento Rural Agro Noso para a realización dun programa sobre o desenvolvemento de novos modelos de xestión forestal na provincia de Pontevedra
CONTACTO:
ASOCIACIÓN AGROGANDEIRA E DE DESENVOLVEMENTO RURAL “AGRO NOSO”
ADMINISTRACION@AGRONOSO.ORG